ConcellosEn portadaEsgosSan Xoán de RíoÚltima horaVilariño de Conso

Nove concellos ourensáns, entre eles Río e Vilariño, apostan pola tecnoloxía para recuperar vivenda baleira de forma sostible

Taboadela, Boborás, San Xoán de Río, Porqueira, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo, Oímbra, Esgos e Coles únense nun proxecto pioneiro para mobilizar a vivenda baleira no rural

 

Os nove concellos que integran a agrupación do proxecto RE-HABITA RURAL LAB (Taboadela, Boborás, San Xoán de Río, Porqueira, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo, Oímbra, Esgos e Coles) darán un paso decisivo o vindeiro luns cara á rexeneración dos seus núcleos de poboación. Este proxecto será presentado no Concello de Boborás. Trátase dunha iniciativa colaborativa única en España, financiada polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO).

Tras un intenso ano de traballo administrativo e de deseño, o proxecto entra agora na súa fase operativa coa posta en marcha dos servizos técnicos que atenderán á poboación. O obxectivo é dobre: ofrecer asesoramento integral á veciñanza sobre axudas á rehabilitación enerxética e, simultáneamente, crear o primeiro inventario dixital actualizado de vivendas en venda ou alugueiro nestes municipios.

“O que diferenza a este proxecto doutras iniciativas de reto demográfico é o uso da tecnoloxía así como o seu modelo de gobernanza colaborativa. Por primeira vez, nove alcaldes e alcaldesas, de distinta cor política, uniron forzas para captar fondos estatais e xestionar de forma conxunta solucións ao problema da vivenda, optimizando recursos e creando unha plataforma tecnolóxica común que marcará un antes e un despois na xestión do territorio rural”, destacan os promotores da iniciativa.

No acto participarán os e as rexedoras dos nove concellos socios, a consultora coordinadora do proxecto e os responsables da empresa técnica que executará os traballos de mapeo e asesoramento.

Back to top button