ConcellosO BarcoÚltima hora

Novo atropelo nun paso de peóns no centro do Barco

 

Ás 11:45h. da mañá deste 26 de setembro producíase un novo accidente de tráfico nun paso de peóns do centro da vila do Barco. En concreto, unha muller era atropelada mentres cruzaba no paso situado na avenida Eulogio Fernández, á altura do número 44.

Ata o lugar do accidente desprazábase de inmediato a Policía Local, así como unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias. A persoa atropelada era trasladada de inmediato ao Hospital Público de Valdeorras.

Este accicente acontece apenas unha semana despois doutro atropelo tamén nun paso de peóns nunha zona próxima, en concreto na avenida Conde Fenosa do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button