Sen categorizar

Novo brote de coronavirus en Ourense con 4 afectados

 

A Consellería de Sanidade informa dun novo brote de Covid-19 en Ourense con “orixe nun encontro de amigos con domicilio en distintos concellos da provincia”. Este brote ten 4 afectados: 3 homes de 23, 24 e 25 anos e unha muller de 32 anos.

Ademais o brote detectado no concello de Ourense de orixe familiar (con 5 casos activos ) sobe hoxe a 7 positivos, con 2 casos máis: dous homes de 28 e 22 anos.

Por outra banda, o brote Ourense con 19 persoas afectadas, dúas delas ingresadas, ascende a 20 cun caso mais, un home de 48 anos.

Finalmente, o brote de Verín con 5 casos ascende agora a 6 con outro mozo máis, de 20 anos.

En todos eles brotes continúa activo o seguemento dos contactos estreitos, segundo indica Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button