SanidadeÚltima hora

O novo Centro de Saúde do Pereiro de Aguiar custará 1,1 millóns de euros

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentaba esta mañá o proxecto desta nova instalación que se prevé construír no prazo de 16 meses
A instalación contará cunha superficie de 680 metros cadrados.

O novo centro de Saúde do Pereiro de Aguiar contará cunha superficie de 682 metros cadrados e terá un custo de 1.124.785 euros. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentou hoxe, 29 de novembro, o proxecto que está previsto que se execute nun prazo de 16 meses.

Esta nova instalación sanitaria contará cun vestíbulo con espazo para padiolas, recepción, mostrador e unha zona de agarda. Na área de asistencia sanitaria de adultos contempla tres consultas de medicina xeral, dúas de enfermería, unha consulta da muller con aseo, unha sala polivalente e unha sala de agarda. Na área de Pediatría haberá unha consulta de pediatra, unha de enfermería pediátrica e unha sala de agarda.

Así mesmo, este novo Centro de Saúde contará coa área de persoal e administración, sala de xuntas, aseos e vestiarios; ademais doutros espazos con servizos comúns, aseos públicos adaptados, aseos de pediatría con cambiadores e almacén de residuos sanitarios, entre outros.

Jesús Vázquez Almuiña presentou hoxe o proxecto.

Artigos relacionados

Back to top button