
Na mañá deste martes 13 de maio a Sala Cabaleiro Goás do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense acollía a presentación do traballo realizado por Cruz Vermella no marco do programa de Atención Integral a Persoas con Enfermidades Avanzadas de Fundación “La Caixa”. Unha sesión que ademais se retransmitiu en directo para persoal dos centros de saúde da cidade.
Cruz Vermella desenvolve en Ourense desde o pasado ano 2024 este programa de Fundación “La Caixa”, a través dun convenio co Servizo Galego de Saúde, co obxectivo de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas en situación de enfermidade crónica e/o avanzada, mediante a atención aos aspectos emocionais, sociais.
Por iso, é fundamental a coordinación entre o Sergas e o persoal técnico de Cruz Vermella en Ourense, xa que a atención sanitaria compleméntase con equipos profesionais que ofrecen intervención psicosocial para conseguir que pacientes e familiares reciban unha atención integral. En Ourense o equipo está formado por dous psicólogos e unha traballadora social.

Jesús Carballo, responsable do proxecto en Cruz Vermella, presentou o balance do último os últimos meses, abordando as diferentes formas de colaborar para unha atención máis rápida e eficaz das persoas con necesidades de apoio psicolóxico, emocional e/o social. Estivo acompañado de Belén Piñeiro, xefa do Servizo de Humanización e Atención ao Paciente do CHUO, e Xosé Lois Gutiérrez, subdirector de Calidade, Humanización e Atención á Cidadanía do CHUO.
Datos en Ourense
En 2024 foron atendidos 178 pacientes e 289 familiares (entre eles 2 nenos de 10 e 12 anos). O perfil maioritario de pacientes correspóndese cunha muller de máis de 80 anos. Respecto ao tipo de patoloxía, cabe destacar que o 84,8% eran enfermidades non oncolóxicas, e a súa derivación ao programa realizouse desde os centros de saúde de atención primaria un 80% dos casos. Igualmente reseñable, un 5% dos casos foron derivados do servizo de Neuroloxía do CHUO.




