Na mañá deste xoves 12 de decembro celebrábase ás portas dos centros de saúde da Rúa e do Barco de Valdeorras, a concentración pola “xornada de 35 horas semanais para todos os facultativos”, convocada por CIG Saúde, CCOO, UGT e CSIF.
“Esta é a primeira concentración que se fai para manifestar o desacordo coa decisión do Sergas de xeito Unilateral de aplicar o acordo do 20 de Abril do ano 2025 que empeora o acordo asinado coas Organización Sindicais, xa que recolle a obriga de realizar os sábados pola mañá para determinadas categorías profesionais”, explican dende a CIG.