CulturaCulturaÚltima hora

Novo curso de cerámica no Museo Etnográfico de Quiroga

É o segundo deste tipo que se parte nestas instalacións culturais e comezará en abril
Cartel da actividade.

Nas vindeiras semanas comezará a impartirse no Museo Etnográfico de Quiroga un novo curso de cerámica. Será o segundo deste tipo que se imparta nestas instalacións culturais. Terá unha duración de 2 horas semanais, a convir entre a profesora e os/as alumnos/as, que se desenvolverán na segunda quincena do mes de abril e o mes de maio. A data prevista de inicio é o 16 de abril.

Ata o día 13 de abril (incluído) está aberto o prazo de inscrición para anotarse no segundo curso de cerámica que terá lugar no meso Museo Etnográfico Municipal de Quiroga. A inscrición no curso inclúe formación, materiais, ferramentas e coccións; as pezas realizadas serán para os participantes.

Para anotarse ou solicitar máis información os/as interesados/as poden dirixirse á Casa da Cultura de Quiroga, teléfono 982435125.

Artigos relacionados

Back to top button