CulturaCulturaÚltima hora

Novo encontro de poetas en Quiroga

Este certame poético, organizado polo Concello, terá lugar o vindeiro 28 de agosto na Casa da Cultura da vila

 

O sábado 28 de agosto a partir das 19h, na Casa da Cultura quiroguesa acollerá o XXII Encontro de Poetas no Val de Quiroga. Este certame poético, organizado polo Concello de Quiroga, será presentado polo poeta ponferradino Emilio Vega, contando como pregoeira para esta XXII edición coa escritora tamén berciana Raquel Villlanueva Lorca.

Un total de 25 poetas e poetisas participarán nesta nova edición, maioritariamente do sur de Lugo e de Ponferrada. Algúns destes afeccionados á poesía veñen participando dende a primeira edición deste certame pero outros que incorpóranse por primeira vez ao Encontro de Poetas no Val de Quiroga.
O acto contará coa música en directo do cantautor Javier Rodríguez Sotuela e o dúo Yoton integrado por Toni Eudosieva e Yoan Grudikov.

Con este certame o Concello de Quiroga quere “fomentar o interese pola literatura en xeral e pola poesía en particular, ademais de ofrecer a posibilidade de desenvolvemento da creatividade de todos os poetas e poetisas, algúns ata este intre no anonimato, que atopan neste tipo de eventos o lugar axeitado para expresar e mostrar a súa obra”, tal e como se destaca dende esta entidade local.

Unha vez rematado o evento entregaráselles a todos os asistentes ao certame un pequeno detalle para agradecerlles a súa participación neste novo encontro de poetas no Val de Quiroga.

 

Artigos relacionados

Back to top button