SanidadeÚltima hora

Novo equipamento electromédico para cardioloxía e oftalmoloxía do Hospital de Valdeorras

Un investimento de 163.955 euros permitirá dotar ao centro cun Tomógrafo de Coherencia Óptica (OCT) e outro equipamento

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras./ Foto: A.R.

 

A plataforma de contratación da Xunta de Galicia recolle neste 15 de decembro, no perfil do contratante, a apertura da recepción de ofertas para adquisición de novo equipamento electromédico destinado ao Hospital Público de Valdeorras, por un importe de 163.955 euros “que permitirán acceder a tecnoloxía punteira no eido diagnóstico”, segundo a Consellería de Sanidade.

Este investimento destinarase ao equipamento das consultas externas, agora mesmo en fase de reforma e ampliación. “Dunha banda dotando a Oftalmoloxía cun Tomógrafo de Coherencia Óptica (OCT) e un Biométro, ademais dun ergómetro destinado a cardioloxía, complementando así a recente adquisición e instalación dun ecocardiografó doppler color, que permite realizar estas probas diagnósticas directamente en Valdeorras”, indica Sanidade.

Ademais a consellería destaca que “a tomografía de coherencia óptica é un equipo de última xeración -orzamento de 102.850 euros- esta técnica diagnóstica avanzada permite obter imaxes moi precisas dos ollos, de xeito non invasivo, xa que a OCT emprega ondas de luz, posiblitando visibilizar planos transversais da retina, o que permite ao especialista ver cada unha das diferentes capas que forman a retina e medir o seu grosor. Estes estudos son especialmente utiles para o diagnóstico e seguemento das enfermidades da retina, incluíndo a dexeneración macular relacionada coa idade e a enfermidade ocular diabética ou retinose diabética. Cada vez máis habituais, ante o progresivo aumento da poboación de idade avanzada”.

Para a realización destas probas os pacientes de Valdeorras debían ser derivados, polo que esta dotación evitará desprazamentos.

Artigos relacionados

Back to top button