ConcellosDeportesGalerías de fotosÚltima hora

Novo éxito de asistencia na 5ª concentración mototurística A Curuxa

Os moteiros desfrutaron de fantásticas rutas polo Courel, actuacións musicais e espectáculos

Con moi boas sensacións remataba a 5ª edición da concentración mototurística A Curuxa “Montañas do Courel” que se celebraba entre entre os concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel na fin de semana do 24 ao 26 de agosto.

Tal ecomo explican dende a organización, todo saíu “perfecto” completándose as inscricións (preto de 300) “aínda que hai moita máis xente que vén sen inscribir para pasar a fin de semana”. Tres días repletos de actividades para desfrute dos moteiros que non quedaron indiferentes. Unhas das máis destacadas foron as tres rutas que se fixeron, unha delas polos “Balcóns de Madrid” en Parada de Sil, e a última polo Courel con parada no mirador de Campodola.

Tamén destacadas foron as actividades de carácter máis lúdico como o MiniCuruxa GP (circuíto para nenos con “correpasillos”); a competición Pitbike A Curuxa para adultos; e sobre todo o Stunt Show dos portugueses Arrepiado e Acuko que fixeron as delicias dos asistentes coas súas acrobacias.

O programa incluía ademais xantares e actuacións musicais como o concerto de Los Íñigos. A ruta remataba o domingo trala última ruta coa sesión vermú e os petiscos de despedida.

Fotos: Fotokasko e A Curuxa.

Artigos relacionados

Back to top button