SanidadeÚltima hora

Novo incremento de casos activos de Covid na provincia, que chega aos 670

O Hospital de Valdeorras segue libre de virus, mentres o de Verín rexistra 1 ingreso e o de Ourense 27, segundo Sanidade

Foto: Mónica G. Bellver.

 

Continúan subindo os positivos de Covid-19 na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Rexístranse un total de 670, 65 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 3 de xaneiro.

Ademais aumentan os ingresos. Así dese total de casos, 25 están hospitalizados en planta (2 máis que onte) e 3 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte). E increméntanse tamén notablemente os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas un total de 81 (fronte aos 28 de onte).

No que se refire aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras continúa, por segundo día consecutivo, libre de virus, mentres que o Hospital de Verín rexistra 1 ingreso en planta e o Hospital Universitario de Ourense ten 24 en planta (1 máis que onte) e 3 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 8.770, con 7.790 curados e 309 falecidos (onte Sanidade non notificaba ningún falecemento). Polo de agora lévanse realizado 138.003 probas PCR e 68.096 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button