En portadaÚltima hora

Novo ingreso de Covid no Hospital de Valdeorras que chega aos 7

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 2.883 pacientes con infección activa, 66 menos que onte, pero suben as hospitalizacións

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Lixeira baixada, por terceiro día consecutivo, nas cifras do coronavirus na provincia. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 2.883 pacientes con infección activa, 66 menos que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 31 de xaneiro. Tamén baixan os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 125 (fronte aos 142 de onte).

En cambio, repuntan os ingresos. Así rexístranse con 185 persoas hospitalizados en planta (14 máis que onte) e 13 na Unidade de Coidados Intensivos (as mesmas cifras que onte). O Hospital Público de Valdeorras rexistra un novo ingreso e sitúase en 7 en planta e o Hospital de Verín ten 14 (1 máis que onte), ademais o Hospital Universitario de Ourense ten 161 en planta (7 máis que onte) e 13 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte). A Clínica Santa Teresa ten 1 ingresos en planta (1 menos que onte) e o Centro Médico El Carmen continúa con 2 en planta.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 13.301, con 10.065 curados e 353 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 177.486 probas PCR e 84.223 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button