DeportesÚltima hora

Novo podio, desta volta provincial, para os atletas das Escolas Deportivas de Trives

 

Ata as pistas deportivas de Monterrei desprazábanse nesta tarde os atletas das Escolas Deportivas de Trives para participar na 4ª Xornada Interzonal atletismo escolar de Xogade. Nesta proba, na que competían novamente coa camiseta do Club Adas Cupa do Barco, volvían facer podio.

Así na categoría Sub12 nos 2.000 m marcha Pablo López Fernández facíase co bronce e Ainhoa Pérez Codesido lograba a 5° praza Sub-10 na final dos 1.000 m marcha.”Quero destacar a actuación de Ainhoa, porque é a súa segunda carreira en marcha e nos seus primeros provinciais, quedando 5, pero o seu premió e que fixo marca nos seus primeros campionatos galegos”, destaca o adestrador das escolas trivesas, Tino Sierra.

Ademais resalta que “non se pode estar máis orgulloso e feliz polos resultados destes nen@s, destes diablillos que adestran nunha pista de zahorra, sen ter ningunha referencia e aínda así son uns campións, porque en esfuerzo e loita non nos gana ninguén”, por iso agradécelles ter “tanta ilusión e sacrificio”. Ademais Tino Sierra amosa o seu agradecemento aos pais e mais dos atletas, ao Concello de Trives e ao Club Adas Cupa “por confiar en nós”.

Fotos cedidas polas Escolas Deportivas de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button