Entre o luns 17 e o venres 21 de xaneiro proseguirán os cribados poboacionais de Covid coa realización de probas de ámbito comarcal nos concellos da Pobra de Trives, Viana do Bolo, Allariz, Bande, O Carballiño, Castro Caldelas, Celanova, Coles, Maceda, Ribadavia e Xinzo de Limia, tal e como vén de anunciar a Consellería de Sanidade.
O acceso aos cribados será mediante autoinscrición, no seguinte enlace: https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx no que tamén se poderá elixir o punto de acceso e o día. A cita se enviará nunha mensaxe telefónica ou SMS.