OurenseÚltima hora

O 15 de abril abrirase o prazo de inscrición no XXIV Clínic Deputación de Ourense que se celebrará en xuño

 

O Pazo dos Deportes Paco Paz albergará, os vindeiros 28, 29 e 30 de xuño, o XXIV Clínic Deputación de Ourense, organizado pola institución provincial e a Federación Galega de Baloncesto a través da Escola Galega de Adestradores (EGA), aumentando deste xeito, o legado dunha cita de prestixio que foi durante máis de dúas décadas un evento ineludible para os técnicos de toda Galicia, do territorio nacional e mesmo internacional.

Toda a información sobre este evento pódese seguir nas redes sociais do mesmo e na súa páxina web, www.clinicbaloncestodeputacionourense.com. O prazo de inscrición comeza o vindeiro 15 de abril.

Artigos relacionados

Back to top button