En portadaÚltima hora

O 53 Rallye de Ourense, cunha soa etapa e catro tramos

A proba desenvolverase entre Ourense e Carballiño e contará cun total de 425,06 km., dos cales 123,52 serán cronometrados

 

Esta 53 edición do Rallye de Ourense contará con algúns cambios debido á situación actual. A primeira gran variación é que o total do percorrido será o sábado 25 de xullo, incluída a entrega de premios.  Os pilotos poderán realizar o Shakedown (tramo de test) o día anterior, venres 24, día no que tamén se celebrará a ceremonia de saída no Xardín do Posío. Ademais, os 425,06 quilómetros da proba (dos cales 123,56 son cronometrados) desenvolveranse en soamente unha etapa, formada por 4 seccións, entre Ourense e Carballiño.

 

Público seguindo a pasada nunha edición anterior do Rallye de Ourense. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Da man da Escudería Ourense, a proba mantén o esquema de pasadas edicións, co parque de asistencia en Expourense (onde se ubica ademais a oficina temporal do rallye) mentres que o tramo de test (Shakedown) do venres pola mañá, que será tamén o tramo de cualificación para que os pilotos prioritarios poidan elixir a orde de saída (TCC), celebrarase en Toén cunha distancia de 4,4 km.

Este tramo comezará á 9h. para os equipos prioritarios, que terán preferencia ata as 9:30h. para efectuar as pasadas que estimen oportuno, tal como avanzan dende a organización. Despois levarase a cabo o Tramo de Cualificación (11:15 a 11:45 horas).

 

Iván Ares no 51 Rallye de Ourense. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O parque pechado do rallye sitúase por cuarto ano consecutivo no Xardín do Posío. O sábado 25 de xullo será o día grande, xa que toda a carreira desenvolverase durante esta xornada. Comezará ás 08:00 h. e só terá unha etapa composta por catro tramos.

O primeiro e o segundo tramo compóñense dun total de 37,18 km. e ambos rematarán no Xardín do Posío cun reagrupamento no primeiro de 20 minutos, e no segundo, dunha hora. No caso do terceiro tramo (17,74 quilómetros totais), o reagrupamento de 20 minutos será no Carballiño. O tramo final (47,17 km.) rematará no Xardín do Posío con chegada ás 21:00h.

No mesmo Xardín do Posío, procederase á entrega de premios (22:00h.) aos tres primeiros clasificados da xeral scratch, así como das diferentes categorías, ademais das de tres premios especiais: o “Eduardo Barreiros” á primeira marca clasificada; o “Estanislao Reverter” ao primeiro clasificado con vehículo Grupo H; e o “José Luis Outeiriño” ao primer ourensán clasificado.

 

Artigos relacionados

Back to top button