OurenseÚltima hora

O 54 Rallye de Ourense xa está en marcha

"Cohete" Suárez marcou a mellor crono no Tramo de Calificación, seguido por Solans e Iván Ares

 

Chegou o día. Tras meses de espera a 54 edición do Rallye de Ourense arrancaba na mañá deste venres 16 de xullo. Mentres na zona de asistencia os mecánicos perfilaban os coches para a competición e na oficina permanente os membros da Escudería Ourense, repartían acreditacións e documentación (todo en Expourense), en Toén desenvolvíase o Shakedown sobre unha superficie de 5,52 km.

O tramo comezaba ás 9 horas para os sete equipos prioritarios ata as 12 horas, quenda para os 42 equipos restantes que se inscribiron no mesmo para un total de 49 coches.

 

 

Tras o Shakedown comezaba o Tramo de Calificación cos sete pilotos prioritarios. Neste apartado José Antonio “Cohete” Suárez marcou a mellor crono. O asturiano, que marcou a pauta xa no tramo de probas, afianzou o seu favoritismo na quinta proba do Supercampeonato cun de 2:16.254. O segundo lugar provisional foi para Jan Solans, que co Citroën C3 Rally2 do equipo oficial afronta a súa segunda cita sobre o asfalto español a +3.804. O terceiro posto desta especial foi para Iván Ares, cun tempo de 2:20.474 (+4.220).

A elección da posición de saída para a primeira etapa desta tarde terá lugar ás 13:30 horas en Expourense.

E xa pola tarde, ás 18:09 horas comezará a primeira pasada do primeiro tramo, Amoeiro. Despois virán a primeira pasada ao segundo tramo, O Carballiño; e xa a partir das 21:31 horas arrancará a segunda pasada por Amoeiro e O Carballiño. Esta primeira etapa do rallye rematará en torno á medianoite co reagrupamento no parque pechado, situado un ano máis no Xardín do Posío.

Artigos relacionados

Back to top button