Numerosas persoas desfrutaban na tarde o 14 de setembro do 56º Descenso do Sil, unha veterana proba de piragüismo, que segue atraendo a público de todas as idades. Dende a saída da competición, baixo a histórica ponte de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), pasando por espesctaculares tramos de río, ata a meta, na praia fluvial do Malecón (O Barco), era moi numeroso o público que seguía esta regata.
O inicio da proba era ás 18h., coa saída das diferentes categorías, cun total dunhas 136 piraguas. Nesta edición eran as piraguas participantes. Pouco antes das 18:30h. chegaba a meta a primeira das embarcacións, o K2 de Jesús Rodríguez León, compartido con Guillermo Fidalgo.
A proba finalizaba pasadas as oito da tarde co acto de entrega de trofeos aos mellores padeixeiros de cada categoría, no Malecón do Barco. Nesta ocasión o mellor club do Descenso era o Fluvial Barco, seguido do Club Piragüismo Ciudad de Lugo e do Club Cabanas KMD.
Fotos: O SIL.