DeportesÚltima hora

O 5º Campionato de Petanca “Festas do Cristo” reúne a 21 tripletas nas pistas do Chao, no Barco

 

Pasada por auga. Así estivo en boa medida a 5ª edición do Campionato de Petanca “Festas do Cristo” que se celebraba na xornada deste sábado 16 de setembro nas pistas do Chao, no Barco de Valdeorras.

Organizado polo Club Petanca Valdeorras, nesta ocasión eran 21 as tripletas que participaban no torneo, de diferentes partes de Galicia e do Bierzo, botando de menos ás de Negreira que non podían asistir por celebrar elas unha competición: tres de Fabero, unha de Villafranca, dúas de Ponferrada, cinco da Coruña, dúas de Lugo (Muralla) e sete de Valdeorras.

 

A directiva do Club Petanca Valdeorras cos premios entregados nesta edición.

 

Como en cada edición eran moitos os premios que se entregaban. Dende xamóns e paletas para os gañadores ata botellas de viño para todos os participantes e algunha que outra sorpresa. O primeiro era para a tripleta de Vigo formada por Samuel, Víctor e Rosa; o segundo para Muralla A de Lugo formada por Javi, José e Salem; e o terceiro para Ponferrada A formada por Javier, Genaro e Josefa. O premio de consolación era para a tripleta de Coruña C formada por Felipe, América e Fran.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button