Hai xa días que a Asociación San Cristóbal decorou con agarimo o Concello e alguhas das vías centrais da Rúa, pero non era ata o xoves 5 de decembro cando se procedía ao acendido da iluminación de Nadal, abrindo así o VideaFest A Rúa.



Trátase dun festival diferente para “espertar os sentidos”, que mestura cultura, enoturismo, gastronomía e espectáculo, co obxectivo de “dar a coñecer aos nosos artistas, a contorna rural e dunha maneira diferente a que estamos acostumados, acompañado de música en vivo e a proxección dun filme que promova o arte”, tal como explican dende a organización.
O concerto de apertura do festival corría a cargo de Os Piñeiros Band, grupo de grupo de pop-rock composto polo músico coruñés Diego Piñeiro e os seus compañeiros, Alejandro Alario, Lupo Gabriel e Sebas Fariña, no Centro Cultural Avenida.
Fotos: Mónica G. Bellver.
Programa FideaFest A Rúa 2024






