
Ante a previsión de posible chuvia, dende a Ascociación Cultural Abertal da Rúa non queren arriscar polo que veñen de informar de que o acto das Letras Galegas 2024 previsto na praza do Concello será finalmente no Centro Cultural Avenida a partir das 12 horas.
No acto, os membros da Escola de Música e Baile Tradicional adicarán algunhas verbas á homenaxeada deste ano, á coruñesa Luisa Villalta, e tamén se entregarán os premios aos rapaces e rapazas participantes do concurso de debuxo de Abertal. “Pero sobre, todo se queres disfrutar da música e do baile tradicionais galegos non te esquezas de vir”, convidan dende a organización do acto que conta coa colaboración do Concello da Rúa.




