Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima horaVídeos

O actual alcalde, Álvaro Fernández, volve encabezar a lista do Partido Popular da Rúa para as municipais

Candidatura do PP de A Rúa ás eleccións municipais.

 

O Partido Popular de A Rúa presenta a lista de candidatos co que se presenta ás eleccións municipais do 28 de maio, encabezada de novo polo alcalde Álvaro José Fernández López. Está composta por numerosos membros do actual equipo de goberno, así como por novas incorporacións que se uniron ao proxecto para “sumarse a un equipo que está traballando tanto por e para os veciños e veciñas de A Rúa”, indican varios dos novos integrantes.

“Esta lista representa a continuidade dun proxecto sólido e comprometido co desenvolvemento do noso municipio, que demostrou con feitos a súa eficacia na xestión dos recursos públicos e na atención ás necesidades dos nosos veciños e veciñas, antepoñendo os intereses xerais aos individuais. Estamos convencidos de que a experiencia, o compromiso e a ilusión dos integrantes contribuirán a seguir mellorando a xestión municipal e a facer de A Rúa un municipio máis próspero e dinámico”, sinala Álvaro.

O PP da Rúa agradece “aos moitos veciños e veciñas do municipio que depositan a súa confianza nesta lista, comprometida co desenvolvemento e o benestar de todos os habitantes do Concello de A Rúa e con numerosos proxectos moi importantes para o mesmo”.

 

O cabeza de lista do PP da rúa, Álvaro Fernádez.

 

LISTA COMPLETA:

– ÁLVARO JOSÉ FERNÁNDEZ LÓPEZ
– JOANA GÓMEZ DÍAZ
– RAÚL YÁÑEZ MARTÍNEZ
– SUSANA DE LA CRUZ FERNÁNDEZ
– JAVIER FERNÁNDEZ QUIROGA
– MARÍA JOSÉ PÉREZ FIDALGO
– MARÍA TERESA VARELA ANCOCHEA
– MARÍA DEL CARMEN ÁLVAREZ PÉREZ
– CRISTIAN FIDALGO VILA
– RUBÉN MORAL FERNÁNDEZ
– YURY LÓPEZ ABAD

SUPLENTES:

– ROSA ANA FERNÁNDEZ GONZÁLEZ
– MARÍA EUGENIA MEDINA GONZÁLEZ
– MARÍA DEL CARMEN QUIROGA DIÉGUEZ
– JOSÉ CARRIBA DOMÍNGUEZ
– ENRIQUE RODRÍGUEZ SOTELO

 

 

Artigos relacionados

Back to top button