AletismoDeportesÚltima horaVídeos

O Aguillón (A Rúa) é hoxe a capital galega do campo a través

Estase a celebrar o campionato galego das categorías máster e menores (Sub10, Sub12 e Sub14)

 

Na mañá deste sábado 20 de xaneiro, a área recreativa do Aguillón, na Rúa acolle o Campionato Xunta de Galicia de Cros (XXVII Memorial Alejandro Lorenzo Cros S10- S12-S14 e XXXVI Cros Máster) no que están a participar máis de 600 corredores.

Organizado pola Federación Galega de Atletismo coa colaboración do Club Adas e o Concello da Rúa, o campionato está sendo controlado polo colexio de xuíces da Delegación Valdeorresa de Atletismo.

 

 

Os primeiros en competir, ás 10:15 horas, eran os participantes na categoría máster 35-40 masculino. Despois facíano as mulleres, seguindo co resto das categorías máster. As inferiores comezarán a partir das 12:15 horas.

A nivel de Valdeorras compiten membros do Club Atletismo Rúa (categoría base) e do Club Adas con representantes tanto na máster como na base.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver excepto a última imaxe da galería que é cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button