A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Vendo a eclipse total de sol dende O Aguillón, punto recomendado na Rúa

 

Chegaba o día. Despois de semanas de preparativos, charlas informativas e diferentes actividades previas, na tarde deste mércores 12 de agosto tiña lugar a eclipse total de sol, sendo a comarca de Valdeorras un dos entornos privilexiados para a súa observación.

 

 

No caso da Rúa, por amplitude e situación, o Concello elixia o Aguillón como punto recomendado. E alí, a carón do Encoro de San Martño, ao longo do paseo se xuntaban centos de persoas para non perder detalle. Comezaban a chegar xa cara as seis e media, instalando sillas e en moitos casos equipos fotográficos para captar o momento. E xa pasadas as sete e media, colocaban as gafas e aproximábanse á varanda para non perder detalle ata a totalidade do eclipse ás 20:30 horas.

 

 

Como complemento, para manter o ambiente festivo no Aguillón (onde xa están colocando as casetas para a Baco Festa que se celebrará esta fin de semana), haberá un espectáculo de Moc Moc, Noite Celta e música con Version’s Band a partir das 22 horas.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button