
O alcalde de Lubián (Zamora), Felipe Lubián, participaba neste 26 de novembro como “Gaiteiro da Catedral” na homenaxe permanente ás vítimas do Covid-19 e ás súas familias que se rende cada día desde a torre da Catedral de Ourense.
Felipe Lubián quen tamén é gaiteiro, recibía ademais de mans do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no Pazo Provincial o diploma acreditativo da súa participación neste acto único, que se desenvolve desde Ourense para o mundo e que comezou o pasado 30 de xuño ás 11.30 horas (momento que simboliza a data na que a OMS declarou oficialmente a pandemia, o día 11 de marzo).
