ConcellosQuirogaÚltima hora

O alcalde de Quiroga preséntalle a Infraestruturas o proxecto de urbanización dunha nova rúa

Julio Álvarez mantiña esta tarde unha xuntanza telemática coa titular desta consellería, Ethel Vázquez

O alcalde de Quiroga, na reunión telemática coa conselleira de Infraestruturas,/ Foto cedida.

 

Esta tarde o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, mantiña unha xuntanza telemática coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na que lle presentaba o proxecto de urbanización da nova vía que unirá a rúa Tallos co cuartel da Garda Civil.

A conselleira atendeu as explicacións de Julio Álvarez e estudou os planos que lle presentou o rexedor dunha rúa de 16 metros de ancho con todos os servizos urbanos, xa contemplada no Plan Xeral de Ordenación Municipal.

“Esta nova vía na parte alta da vila quiroguesa, ademais de unir a rúa Tallos co Cuartel da Benemérita, daría servizo ao futuro Cemiterio Municipal que proxecta construír o concello. A decisión de construír un cemiterio, o primeiro de carácter municipal, vén dada pola necesidade de contar cun lugar para acoller aos defuntos, posto que o cemiterio da parroquia de Quiroga xa non ten dispoñibilidade de máis terreo”, segundo informa o concello.

Artigos relacionados

Back to top button