Tras coñecer o anteproxecto do Ministerio de Transportes de “actualización das concesións reducindo as paradas da liña de autobús que une Galicia con Madrid, nas que se incluiría a de Quiroga”, o alcalde deste concello do sur de Lugo, Julio Álvarez, vén de anunciar que presentará un recurso en contra esta supresión.
Esta liña de autobús de longa distancia leva uns 30 anos facendo este recorrido e parando en Quiroga (Hostal Marcos).