
O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, acompañado do concelleiro de Cultura, José Luis Rivera, desprazouse ata Madrid para manter unha reunión co director de Contidos de Mediaset, Manuel Villanueva, ao que une unha gran amizade.
Na xuntanza tamén estivo o polifacético presentador, Carlos Sobera, que ten pensado visitar Quiroga en corto prazo.
A reunión tiña lugar nun coñecido restaurante madrileño, onde tiveron ocasión de ser recibidos pola quiroguesa Mónica Fernández, recoñecida como mellor sumiller do mundo no ano 2017.