ConcellosÚltima hora

O alcalde do Bolo reúnese co conselleiro de Economía

 

As políticas activas de emprego, o apoio aos autónomos ou o impulso ao emprendemento son algúns dos temas que se abordaban na reunión que o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantiña co alcalde do Bolo, Manuel Corzo, na mañá deste 30 de setembro en Santiago.

Este municipio valdeorrés pertence ademais á rede de Concellos Emprendedores, algo que implica “ter prioridade en programas de axudas vinculadas ao emprego e á formación, á dinamización comercial ou á eficiencia enerxética. A cambio, o Concello comprométese a rebaixas nos impostos locais de ata o 95% e a ofrecer máis facilidades no eido da tramitación administrativa para favorecer a captación de novas empresas e novos investimentos no municipio”, segundo a Consellería de Economía.

Ourense é a provincia que conta con máis concellos adheridos a este convenio que a Xunta ten asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Así, do total de 125 Concellos Emprendedores de Galicia, 57 pertencen á provincia de Ourense.

Este encontro entre Conde e Corzo servía tamén para avaliar novas vías de colaboración entre a Administración autonómica e a municipal para seguir impulsando a dinamización económica deste municipio ourensán.

 

Artigos relacionados

Back to top button