OurenseÚltima hora

O alumnado de 2º da ESO do Colexio Divina Pastora de Ourense coñece “os segredos da Idade Media” na provincia

O de 1º pola súa banda visitaba as instalacións de Sogama, en Cerceda (A Coruña)

 

O alumnado de 2º da ESO do Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense convertíase por un día en Ecovixiantes para coñecer parte do patrimonio cultural, artístico e natural da provincia.

Acompañados polos profesores Jorge, Xián, Josiño e Gonzalo, coñeceron a Fortaleza de Monterrey, a igrexa e mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras en Xinzo de Limia e a Torre da Pena en Sandiás.

 

 

“A viaxe é o desafío inicial dunha aprendizaxe baseada en proxectos chamado Guerreiro, monxa ou labrego, onde coñecerán os segredos da Idade Media”, explica Gonzalo.

 

 

Pola súa banda, o alumnado de Primeiro acudía a Cerceda (A Coruña) para coñecer as instalacións de Sogama. “Leti e Laura puxéronnos ao día sobre o que é un residuo e os diferentes contedores onde depositalos, sen esquecernos do Punto Limpo ou do Punto Sigre na farmacia”, contan dende o colexio.

 

 

Unha explicación virtual con lentes e uns xogos interactivos sobre as clásicas 3 Rs, xunto a unha visita polas instalacións, completaron a visita.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button