CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

O alumnado do CEIP Condesa de Fenosa do Barco traballa nun proxecto de animación

O centro barquense está inmerso no concurso audiovisual "Nós tamén creamos"

Fotograma da curta.

 

Neste curso 2023/2024, dentro das iniciativas que sempre están a desenvolver para “mellorar a calidade da educación que prestamos ao noso alumnado”, un nutrido grupo de mestras e mestres do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco púxose como obxectivo “desenvolver un traballo de gravación dun produto audiovisual no que @s nos@s alumn@s puidesen ceibar os seus impulsos creativos e aprender os requisitos técnicos que unha obra deste tipo require”, explican dende o centro.

Para iso entraban no concurso “Nós tamén creamos” no que se pide a cada centro participante a creación dunha ou varias curtametraxes de animación empregando a técnica do stopmotion, adaptando libremente un
ou varios contos dunha escolma proposta pola organización do certame. Un concurso que “leva aparellado un importante labor de formación do profesorado ao través dun curso de PLATEGA e máis coa creación dun grupo de traballo que está dando os seus primeiros pasos”, puntualizan dende o Condesa de Fenosa.

Esta iniciativa estana levando a cabo dende aula do Polo Crativo Plus do propio centro, un espazo educativo, innovador enfocado ás aprendizaxes colaborativas, conxuntas, e co obxectivo de integrar os retos tecnolóxicos en todos os campos do saber.

Os primeiros froitos deste traballo poden verse en “Primeiros Pasos” unha reportaxe fotográfica e videográfica creada polos propios alumnos “pequenos grandes creadores audiovisuais”, aseguran dende o colexio barquense.

 

Artigos relacionados

Back to top button