CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O alumnado do CEIP Julio Gurriarán do Barco asiste á proxección de “Valentina” no Teatro Lauro Olmo

O filme, da directora galega Chelo Loureiro, foi galardoado co Premio Goya 2022 á mellor película de animación

 

Na  mañá deste venres 26 de xaneiro o alumnado do CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do Barco pudo ver no Teatro Lauro Olmo a película Valentina da directora galega Chelo Loureiro, galardoada co Premio Goya 2022 á mellor película de animación. Trátase dun agasallo que recibíu o centro dado que unha das súas alumnas Bianca García del Pont de 5ºA gañou o pasado curso o Premio de Debuxo “Eu tamén son diferente”, organizado pola empresa galega Maruxas de Nata.

Valentina é unha nena con Síndrome de Down e a película conta unha preciosa historia chea de ilusión, superación, integración e respecto na que soan unha chea de bonitas cancións que fixeron as delicias dos nenos e nenas do Barco “que saíron encantados da proxección”, aseguran dende o centro, destacando que como agasallo sorpresa tiveron tamén ocasión de ver e posar co propio Premio Goya acadado pola película o pasado ano, “ademáis dunha lata chea de ricas galletas Maruxas de Nata para cada nen@, marcapáxinas e algún CD coas cancións da película para escoitar no colexio”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button