CulturaCulturaEducaciónenBarcArteGalerías de fotosÚltima hora

O alumnado do CEIP Otero Pedrayo súmase ao proxecto de enBarcArte

O alumnado do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) volvía a sumarse neste venres 27 de setembro ao proxecto de enBarcArte. Varios grupos de estudantes deste centro barquense iniciaban ás 11h. un percorrido polas instalacións da segunda edición deste festival.

O traxecto, guiado polo promotor e curador deste festival, Jorge Barredo, comezaba na praza Maior do Barco, onde están as obras “Veciñanza” de Iván Prieto e “Igloo” de Griseo, ambos artistas da vila. Despois trasladábanse á praza do Sagrado para ver e interaccionar co círculo de lousa realizado pola creadora xeorxiana Sofi Modebadze.

 

Os alumnos vendo a instalación “Veciñanza” de Iván Prieto, na praza Maior do Barco./ Foto: CEIP Otero Pedrayo.

 

A continuación, o grupo desprazábase ata a praza do Príncipe para ver “O universo da arte” de Raía e ademais visitar a exposición “As vidas humanas”, incluída tamén na programación de enBarcArte. Xa na praza do Concello achegábanse ata instalación “Eco-Folie” de Surya Namaskar.

Un grupo de alumnos de menor idade deste mesmo colexio facía tamén un percorrido por boa parte destas obras o pasado mércores.

Fotos: Ángeles Rodríguez/ CEIP Otero Pedrayo e Jorge Barredo.

 

Os escolares entrando na instalación “Eco-Folie” de Surya Namaskar./ Foto: Jorge Barredo.

Artigos relacionados

Back to top button