CulturaCulturaEn portadaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

O alumnado do Conservatorio e da Escola de Música do Barco ponlle son ao Nadal

Esta tarde ofrecían un concerto coa actuacións das diferentes agrupacións deste centro

 

Dende os clásicos villancicos ata coñecidas melodías de bandas sonoras cinematográficas, pasando por composicións tradicionais como a jota. Moi variado era o repertorio que ofrecía o  alumnado do Conservatorio e da Escola de Música do Barco no seu concerto de Nadal, que se celebraba na tarde deste 20 de decembro no Teatro Lauro Olmo da vila

Nesta actuación participaban ata catro agrupacións deste centro de ensino. Os primeiros en subirse ao escenario eran os membros do Conxunto de Música Moderna que interpretaban catro temas: “Forever Young” (Youth Group), “Xmas” (John Lennon), “Jingle Bell Rock” (Bobby Helms) e “Carol of the Bells” (tradicional).

 

 

Despois tocaba o Ensemble de Saxofóns con “In the Mood” ( J. Garland), “Juego de Tronos – Peter Gunn Theme” (Arr. Ben Henriquies/Philippe Marilia) e “It´s Beginning Look Like Christmas” (WordsΜsic by Meredilh Wilson Arr: Kenneth Abeling). Ademais estaban acompañados ao piano por un pianista profesional norteamericano que pasa uns días na comarca nalgunha peza de Glenn Miller.

 

 

 

Tras eles saía o Coro para cantar outra tres pezas: “El burrito sabanero” (Hugo Blanco Manzo), “All I want for Christmas is you” (Mariah Carey) e “Noite de paz” (Franz Xaver Gruber). Nesta última canción tamén actuaba a orquestra do Conservatorio, que logo interpretaba “Recopilación Disney (Sailors´Song/ When you Wish Upon A Star-/A Whole New World/Supercalifragilistic, expialidocious /La Bella Durmiente)”, o “1°mov Sinfonía 40” (Mozart) “Campana y pero mira como beben” (tradicional).

Finalmente, chegaba a actuación do grupo folk que tocaba “Grandpas Violín” (Juri Kayiura Arr. Manuel Prada), “Jota de Olivia” (Ernesto Campos) e “Camariñas” (tradicional Arr. Manuel Prada).

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button