O Teatro Lauro Olmo do Barco acollía na tarde deste 21 de xuño o primeiro dos dous concertos de fin de curso que ofrecerá o alumnado do Conservatorio e da Escola de Música do Barco.
O concerto estaba presentado tamén por alumnas e nel actuaba o coro e tamén había interpretacións dos grupos de vento e metal, de corda, así como da agrupación de saxofóns que, neste caso, tocaba na entrada do teatro en lugar de no escenario.
Fotos: Carlos G. Hervella.