OurenseÚltima hora

O alumnado do Divina Pastora MM Franciscanas participa no programa “Coñece Ourense”

Realizaron unha excursión a Bande e Entrimo realizando ademais unha sesión de limpeza no Encoro das Conchas

 

No marco do  Programa “Coñece Ourense” da Deputación Provincial, o alumnado do Colexio Divina Pastora MM Franciscanas e Ecovixiantes de Ourense, participaban nunha bonita e interesante excursión a Bande e Entrimo.

 

 

Os monitores Lupe e Adrián, de Ganeda, motivaron ao lumnado nas visitas culturais á igrexa visigótica de Santa Comba de Bande e ao museo e campamento romano de Aquis Querquennis en Porto Quintela. Tamén visitaban a igrexa do barroco churrigueresco Santa María A Real de Entrimo.

 

 

E, como non podía ser doutro xeito, os profesores Jaime e Lalo organizaron unha brigada ecovixiante que retiraba 38 kg de plástico e residuos no Encoro das Conchas, na zona de baños de Bande, onde tamén aprenderon datos sobre a flora e a fauna do lugar.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button