CulturaÚltima hora

O American Autumn SON Estrella Galicia chega a Ourense este sábado

A sala Café & Pop Torgal acolle un concerto da artista estadounidense Laura Gibson
Cartel do American Autumn SON Estrella Galicia, que o sábado chega a Ourense.
Cartel do American Autumn SON Estrella Galicia, que o sábado chega a Ourense.

Ourense acolle este mes de setembro unha nova edición do American Autumn SON Estrella Galicia. Tal e como indica a programación, a sala do Café & Pop Torgal acollerá unha serie de concertos de artistas de renome que traerán o mellor da música americana. O ciclo pasará por outras cidades como Madrid ou Coimbra (Portugal), pero na cidade das Burgas érguese o telón este sábado coa artista Laura Gibson. As entradas están á venda en Ticketea a un prezo de 12 euros. O aforo é limitado.

As vindeiras citas están previstas para máis adiante. A seguinte será o 26 de outubro ás 20:30 horas. Os protagonistas nesta ocasión serán Shane Butler, Anna Fox Rochinski e John Andrews, ca súa banda Quilt. Tocan música baseada no pop dos anos 60 e 70. A entrada ten un custe de 18 euros.

O 16 de novembro ás 20:30 horas será a terceira cita co American Autumn SON Estrella Galicia en Ourense. Sobre as táboas estará Tom Brosseau, con certos toques a Ryan Adams ou Leonard Cohen. A venda de entradas está dispoñible no propio Café & Pop Torgal e en Ticketea. O prezo é de 10 euros.

Heather Woods Broderick será a seguinte invitada en Ourense, cun concerto que ofrecerá o 23 de novembro ás 20:30 horas. E o día 25 será a quenda de William Tyler. Serán as dúas últimas citas da edición 2016 do festival de música americano que leva medrando dende 2009.

 

Artigos relacionados

Back to top button