
Igual arbitra un partido de fútbol que anda ou corre. Un día despois de pitar no amigable entre os veteranos do CD Rúa e CD Bragança disputado na Rúa en homenaxe a ‘Anduriña’, o veterano valdeorrrés Carlos López Gudiña (Andarines Arcos) participaba no VII Cross Popular “dedicado á era pop” celebrado na localidade leonesa de Santa Colomba de Somoza (Astorga).
Facíao coa camiseta morada da Carreira e Andaina das Cidades contra o cancro de páncreas de Vilamartín, amosando o seu apoio a esta proba solidaria que se celebrará no seu concello o 27 de outubro.
Na popular leonesa, na que participaban case 200 corredores, Carlos completaba os 10,3 km nun tempo de 58 minutos e 13 segundos, sendo o 10º clasificado na categoría Veterano E e o 104º da xeral.