CulturaCulturaÚltima hora

“O animalario do Entroido galego” do vianés Carlos Ares presentarase o 20 de abril no Museo Galego do Entroido

O investigador social vianés Carlos Ares./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O investigador vianés Carlos Xabier Ares Pérez presentará o vindeiro sábado 20 de abril, ás 19:00 horas no Museo do Entroido, en Xinzo de Limia, o seu novo libro “O animalario do Entroido galego: Mito e tradición”.

Carlos Xabier Ares Pérez é un investigador social acreditado desde o ano 2000, graduado social, escritor e especialista en Antropoloxía Social e Cultural, Etnografía, Patrimonio Inmaterial e Etnoarqueoloxía. O autor, galardoado co XXIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais en 2019, destacou pola súa dedicación á investigación etnográfica, centrándose especialmente no entroido e as tradicións do patrimonio inmaterial galego.

 

 

“O animalario do Entroido galego: Mito e tradición” é un estudo detallado sobre as representacións animais no folclore do entroido nas catro provincias galegas. A través dunha exhaustiva investigación, Ares Pérez cataloga e analiza a presenza, a simboloxía, as referencias históricas e mitolóxicas, así como as lendas asociadas a estas manifestacións.

“A presentación do libro promete ser un evento enriquecedor e revelador, onde se abordará a importancia dos animais no Entroido galego como elementos fundamentais da identidade cultural e festiva da rexión”, sinalan dende o Museo Galego do Entroido.

Artigos relacionados

Back to top button