CulturaCulturaÚltima hora

O ‘Ano de Florencio en Valdeorras’ abrirase este domingo cunha ruta guiada por Córgomo (Vilamartín)

Na ruta, conducida por Fernando Santalla, farase un percorrido polos lugares destacados na vida do autor e que aparecen reflectidos na súa poesía

Fachada da casa do poeta Florencio Delgado Gurriarán en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras)./ Foto: A.R.

 

Aproveitando que esta semana foron as Candeas, festividade de inverno de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), as Letras de Florencio estrean unha ruta deseñada para coñecer mellor a aldea que tanto inspirou ao poeta.

Baixo o nome de ‘Ruada con Florencio polas Candeas’, este domingo 6 de febreiro a visita estará guiada por Fernando Santalla, veciño de Córgomo e familiar do autor, que “nos axudará a mirar cos ollos do Florencio máis mozo, descubríndonos episodios históricos e outros persoeiros da aldea”, adiantan dende a organización.

A ruta partirá ás 16:30 horas na praza da Casa do Pobo de Córgomo e non é preciso realizar inscrición previa.

 

Artigos relacionados

Back to top button