CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O artista valdeorrés Chere realizará un mural con alumnos do IES Lauro Olmo do Barco

Persoas de diferentes idades colaborando na elaboración dun mural de Chere./ Foto cedida.

É unha experiencia artística, educativa e mesmo lúdica que xa ten realizado con alumnos de centros doutros puntos de Galicia, pero será a primeira vez que a poña en práctica no Barco. O artista valdeorrés Gerardo Rodríguez Ramos “Chere” elaborará o vindeiro 30 de abril un mural artístico, empregando centos e centos de anacos de azulexo e axudado polos alumnos do IES Lauro Olmo.

“Durante toda a mañá e a tarde, ata ás 17:20 os alumnos do IES Lauro Olmo elaborarán un mural artístico, con motivos da pintora Maruja Mallo”, adiantan dende o instituto barquense. Nesta actividade haberá colaboración do Concello do Barco, que proporcionará as ferramentas, e tamén de empresas como Pereira Materiais de Construcción, que facilitará boa parte do azulexo que se utilizar.

 

O artista barquense Chere./ Foto: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button