EconomíaEconomíaÚltima hora

O Asador Vila do Castro (O Barco) reabre as portas con nova xerencia

 

Na tarde deste venres 2 de febreiro o Asador Vila do Castro (O Castro, 29) no concello do Barco de Valdeorras, reabría as portas cunha nova xerencia.

 

 

Con Gelo Carrera e Anabela Rego á fronte, el escollendo o mellor produto e ela elaborando os pratos “aínda que eu non deixarei de lado os meus guisos que seguirei facendo”, puntualiza Gelo, como o seu nome indica o asador centrarase en todo tipo de carnes da zona á grella e na comida caseira, sen esquecer o peixe tamén á grella “ou á biscaína, cocochas al pil pil,… e por suposto os ibéricos, un bo chourizo que elabora un amigo meu de Zamora, xamón, queixo,…”, destaca Gelo.

 

 

Con todo, o buque insignia deste establecemento hostaleiro será o aceite de elaboración propia. “Temos unha plantación de oliveiras e precisamente hoxe presentamos o aceite “, di Carrera, destacando asemade os viños de Valdeorras que traballarán e que tamén marcan estilo na decoración do local, sen deixar de lado os Rioja e os Ribera.

 

 

O mesón conta cunha ampla carta que se poderá degustar dentro e tamén na terraza de espectaculares vistas sobre o val, sendo preferible acudir con reserva (608 995 288). O horario de cociña será de 13 a 15 e de 21 a 23 horas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button