DeportesÚltima hora

O atleta barquense Pacho García, subcampión en máster 3 na XV Coruña 10

Os barquenses Pacho García e Conchy Prada, na Coruña./ Foto: Sindo Novoa.

 

Logo dunha paréntese dun ano, neste 3 de outubro retomábase a Coruña 10, no que ten sido xa a 15ª edición dunha carreira na que non faltaba a participación valdeorresa. A proba que contaría con varias saídas limitadas en número de participantes, foi transcurrindo sen incidencias dende as 09.00 horas da mañán en intervalos de dez minutos. O prato forte estaría precisamente na última delas que botaría a andar ás 12:05 horas, e da que sairon os atletas que finalmente ocuparon as primeras posición da clasificación xeral.

Canto á participación ourensán, o mellor resultado viña da man de Alejandro Fernández, cun sexto posto na xeral e un tempo de 00:30:03, sendo o campión en máster 1.  Ademais, o valdeorrés Pacho García (Adas) proclamábase subcampión en máster 3 (cun tempo de 00:35:37). Por outra banda, en categoría feminina Conchy Prada era cuarta en categoría máster 3.

Entre os atletas participantes estaba tamén Elena Ledo, que vestía a camiseta do Adas do Barco e lograba unha segunda posición en máster 2 feminino.

 

Atleta do Adas participantes na proba./ Foto: Sindo Novoa.

 

A atleta keniata Selah Busienei cun rexistro de 32:33 e o navarro Nassin Assaous con 29:13 proclamáransonse gañadores da XV Coruña 10. Foi precisamente na categoría masculina onde se rexistrou unha maior igualdade entre os participantes co triunfo decidíndose na recta de entrada en meta que daría no segundo posto finalmente para o keniata Kiprop Cherruiyot a cinco segundos do gañador, ocupando o terceiro lugar o corredor de marrocos Hicham Sigueni con 29:29. O primeiro dos galegos foi o ourensá, tricampión deste edición nos anos 2012,2013 e 2018, Alex Fernández, quen chegaría no décimo posto da xeral masculina con 30:03.

A categoría femenina foi algo máis clara con segunda posición para a etíope Likina Amebaw con 33:09 ocupando o terceiro lugar a venezolana, gañadora no 2019 Joselyn Brea con 33:30. A primeira das galegas foi Esther Navarrete quen volvía á competición logo da súa maternidad, logrando un extraordinario sexto posto da xeral femenina con 36:09.

Coa disputa desta proba, recuperase certa normalidade competitiva que fará posible á volta das seguintes importantes citas da cidade na ruta como son A Coruña41 e Coruña21

Artigos relacionados

Back to top button