O vindeiro 11 de xullo o atletismo galego, “e todas cantas institucións e organismos desexen sumarse, renderán unha merecida homenaxe a Alejandro Gómez”, tal e como anuncia a Federación Galega de Atletismo (FGA).
Dende esta entidade deportiva tamén se indica que, “se fai unhas semanas os seus familiares desaconsellaban a celebración de calquera acto, desta vez serían as mesmas fontes as que daban o visto bo a este recoñocemento público a un dos atletas máis grandes e importantes do atletismo galego e nacional”.
Esta homenaxe está prevista no Hotel Coia de Vigo as 19.00 horas con aforo limitado “polo que todas e todos cantos desexen acudir deberán indicalo a través da ligazón https://forms.gle/i8QsU8nSTupzo5xE9 antes do mércores día 8 ás 20.00 horas”, adiantan dende a FGA.
Ademais a federación matiza que, “debido as medidas de seguridade sanitarias, cómpre acudir con mascarilla”.