CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O voto do público contará este ano no concurso de baile Vigo Porté no que participan as bailarinas do Barco

 

 

A edición deste ano de Vigo Porté, o evento internacional de disciplinas de baile no que participa un ano máis a academia Bayadère do Barco de Valdeorras, conta cunha gran novidade, os Premios do Público.

“A vosa voz conta máis que nunca e queremos que sexades parte activa desta experiencia única”, din dende a organización, explicando a través do vídeo como proceder á votación.

Dende Bayadère, Nuria Reguera fai un chamamento a poboación barquense para que vote pola súas bailarinas que participarán con sete bailes: “un moderno, dous sós de clásico, un só de lírico, o dúo de musicais, o musical de Piratas del Caribe e o trío de jazz fusión”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button