DeportesÚltima hora

O Atletismo Rúa segue traballando no Gran Premio de Montaña previsto para o mes de outubro

Con varias modalidades e distancias, trátase da proba estrela que organiza o club rues

Participantes na pasada edicion do GPM da Rúa. /Foto cedida.

 

A pandemia provocada polo coronavirus deixou este ano polo camiño moitas celebracións e actividades deportivas, pero dende o Club Atletismo Rúa aseguran que malia o Covid-19 continúan traballando na edición deste ano do Gran Premio de Montaña (carreira en andaina) previsto para o domingo 4 de outubro, iso si, “preparando un protocolo de actuación e un regulamento que se adapte á nova realidade do que serán este tipo de eventos”, puntualizan.

O presidente do club, Fernando Navarro, aseguraba hai só un mes que aínda que organizan varias probas ao longo do ano (carreira contra o cancro, milla nocturna,…), o GPM é a súa proba estrela e este ano esperaban que fose especial. “Está incluída no calendario de carreiras por montaña da Federación Galega de Montañismo e ademais será puntuable para a Copa Galega co cal esperamos contar cos mellores corredores de trail de Galicia”, explica, lembrando que a idea é que haxa competición por equipos e individual masculina e feminina e tamén júnior, entre outras novidades que irán anunciando.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button