OurenseÚltima hora

O Auditorio Municipal de Ourense reunirá este domingo a máis de 350 bailaríns de España e Portugal

Star Dance Galicia 2022.

 

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá este domingo, 23 de abril, a XI edición de Stars Dance Galicia, un evento que reunirá máis de 350 bailaríns de España e Portugal. O espazo municipal ourensán acolle por primeira vez este certame, que consiste nunha competición, dividida en diferentes estilo de danza e categorías de idade, con exhibición, workshops e actividades formativas, ademais de convivencia para os bailaríns.

Este ano, o evento conta cun xurado internacional con profesionais consagrados que exercen a súa profesión como profesores e coreógrafos en España, Italia, Portugal e Brasil. A competición desenvolverase o domingo 23 durante todo o día no Auditorio.

A entidade organizadora ADEIXA, Associação de Dança do Eixo Ibero Atlântico, con sede en Vila Nova de Cerveira (Portugal), caracterízase por acoller nos seus eventos galegos un 40% de participantes de Portugal, e igualmente, desprazando os participantes galegos cando se trata de eventos en Portugal. Desta maneira, promove un auténtico traballo transfronteirizo a través da arte da danza.

 

 

Este ano en Ourense, prevé recibir unhas 500 persoas, ademais dos máis de 350 bailaríns que se hospedan esta fin de semana en Ourense, contribuíndo a dinamizar o turismo e a restauración local. Este evento, xa se realizou en Vigo, Vilagarcía de Arousa, Goián e Lalín, onde estivo 4 anos consecutivos. En 2020 mantivo o seu formato en liña.

Para esta décimo primeira edición, os xuíces son Alessio Natale (Italia), Isabel Arance (Madrid), Isabel Sabín (Brasil) e Andrea Iglesias (A Coruña), Ainhoa Zamora (Bilbao), Joana Pinto do Porto e Juan Moredo (Vigo).

Os premios ofrecidos, á parte das clasificacións habituais, inclúen tamén  bolsas de formación e intercambio para quen gañen os ‘Premios Especiais: bolsas valoradas en máis de 3.000 euros, que promoven o mencionado intercambio dos profesores de España e Portugal, principalmente de Galicia e a metade norte de Portugal.

Artigos relacionados

Back to top button