
Obxectivo cumprido. O equipo masculino do Auriense FG afrontaba o partido do sábado 14 de febreiro co obxectivo de situarse no alto da clasificación en segunda división, e así o facía, colocándose como líder en solitario tras vencer ao Dorna na Illa de Arousa por un axustado 5-7 (22) / 6-5 (23).
Tal como explican dende o club ourensán, saíron a pola victoria dende o principio, facendo un parcial de 1-8 nos 5 minutos iniciais. “Tras igualar o encontro, a defensa, impedindo o xogo a paus e o maior acerto cara portería, fixo que, aínda que cun final de infarto, conseguiramos levar a vitoria”.
Con este resultado, sitúanse en posto de ascenso directo, á espera do encontro da vindeira semana contra o gran favorito, os Mecos de O Grove.
A cruz da xornada viviuna o equipo feminino do Auriense que non foi quen de superar ás rivais Fillas de Breogán, perdendo 13-31. “O xogo dinámico das coruñesas e o seu acerto a paus, deron un triunfo incontestable ante unhas ourensás que notaron as baixas nas súas 1º e 2º liña”, explican dende Ourense.