DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Auriense FG, único equipo ourensán na liga galega de fútbol gaélico, presenta a equipación

A competición regresa este domingo con dous partidos no Campo Universitario de Ourense

Polo a raias negras e laranxas co logotipo dos patrocinadores e pantalón negro. Así é a equipación do equipo Auriense FG, o único representante da provincia de Ourense na liga galega de fútbol gaélico, presentada na tarde do 17 de novembro na sede de Nenoos.

Ademais da equipación, no acto de presentación do equipo para a tempada 2016/2017 dábase a coñecer o nome dos patrocinadores que apostan pola entrada deste deporte na provincia: Pikoloko, Nenoos, Digal, Bar Miguel, Furancho, Lúcete Lecer e Asociación AUCE.

A competición galega regresa este domingo 20 de novembro no Campo Universitario de Ourense dende as 16 horas con dous partidos: o equipo masculino Auriense enfróntase a Cambados, e o feminino a Ártabras.

Artigos relacionados

Back to top button