ConcellosO BarcoÚltima hora

O aviso dun incendio nunha campá extractora mobiliza aos servizos de emerxencia no Barco

 

Na xornada deste sábado 24 de decembro, o aviso dun incendio urbano no Barco de Valdeorras mobilizaba aos servizos de emerxencia.

Os feitos sucedían pouco antes das dúas e media da tarde, cando o 112 Galicia recibía o aviso dun incendio nun edificio da rúa Deputación ata onde se desprazaban os bombeiros, o GES Valdeorras, a Policía Local do Barco e a Garda Civil.

Segundo fontes presenciais o incidente fóra provocado por unha tixola que quedara no lume por descuido, afectando á campá extractora, por sorte sen grandes danos.

 

 

Aínda que non foi necesario trasladar a ningunha das persoas da vivenda (unha muller e o seu fillo), “ambos sufriron queimaduras leves debido ao lume que se orixinou na cociña”, segundo informa o 112 Galicia.

Con todo, tras levar a cabo as tarefas de extinción, os Bombeiros confirman ao 112 Galicia que ardeu unha campá extractora a cal os propietarios xa apagaran cando eles chegaron ao punto. A maiores, o resto do edificio que constaba de 4 andares tamén estaba prexudicado polo fume nas escaleiras e nas zonas comúns.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button